Equipos

Comunicado oficial

Marcón Atlético

Despois da obligación da RFGF, que nos quere facer competir esta tempada sin consultar nada cos clubes, que somos a parte implicada, a directiva do Marcón Atl. mantivo unha reunión para valorar a situación, e esta foi a decisión tomada.

Como entidade deportiva que somos e conscientes do delicado momento que estamos vivindo, decidimos polo ben de todos que o mais importante en estos momentos é garantir a saúde de todos os membros que forman este clube, e así evitar graves consecuencias das que nos poidamos arrepentir…

Consideramos que comezar agora as competicións sería unha gran irresponsabilidade pola nosa parte…

Comunicamos de forma irrevocable que o Marcón Atl., en esta minitempada 2020-21, non vai a competir en ningunha das súas categorías. Cremos que o mais convinte é esperar, e comenzar a próxima tempada si a situación sanitaria mellora, e non facer ahora con esta situación tan delicada unha auténtica chapuza, que solo se entende que vai nunha dirección, e non deportiva precisamente.

Tamén asumimos que si a RFGF considera que esto é motivo de descenso de categoría dos nosos equipos, alá eles coa súa conciencia, pero esta directiva está convencida que está facendo o mellor para os nosos xogadores/as, entrenadores e todos os que formamos este clube.

Queremos facer mención especial ós nosos socios/as, esperando que entendan e respeten a nosa decisión e solidarizarnos con todas as persoas que o están pasando verdaderamente mal debido a situación que estamos vivindo todo este ano.

O fútbol volverá ó campo do Carrasco… pero de forma responsable e o mais segura posible.

Felices festas.. Cuidádevos.. e un forte abrazo a todos/as en nombre do Marcón Atl.

Xunta directiva do Marcón Atl.

Marcon Atletico

Ir arriba